lunes, 2 de diciembre de 2013

XUNTANZA SELECCIÓNS ZONAIS ALEVÍN

A Federación Galega de Baloncesto volve a lanzar o formato de torneo de Seleccións Zonais Alevís coa finalidade de facer o seguemento de xogadores /as desta categoría en todo o ámbito galego e de compartir unha xornada lúdica co baloncesto.

A cita será o vindeiro Sábado 7 de decembro  no Pavillón do Restollal de Santigao de Compostela, dende as 9:30 horas ata as 20.30 horas con tres pistas simultáneas onde se verán partidos continuamente.

Entre os seleccionados da Delegación Ourensá atópanse 3 dos nosos xogadores:

ÁNGEL PASCUAL (Infantil Blanco Amor)
MARCOS MORALES (Alevín Barbadás Blanco Amor)
JOSÉ DOMÍNGUEZ (Alevín Barbadás Blanco Amor)

Tamén estará presente na cita o noso adestrador CARLOS MACEIRAS, dirixindo o grupo Ourense masculino.


Deixámosvos aquí o HORARIO da xornada


No hay comentarios:

Publicar un comentario