domingo, 4 de octubre de 2015

Xa son tres os equipos en 1ª División

Hoxe disputouse en Santiago de Compostela a fase final de Ascenso á 1ª división, na que participaba un dos nosos equipos cadetes, adestrados por Rubén Cortón. 

Os rapaces ganaron o partido contra o Xuven e conseguiron así o Ascenso. 

Queremos dende aquí felicitalos e desexarlles unha tempada chea de emocións e novas experiencias. 


NORABOA EQUIPO!

Con este ascenso, contamos esta tempada con tres equipos na máxima categoría. Hai tempo que non se daba isto no Blanco Amor, e é un orgullo para nós que sendo un club humilde, contemos con xogadores/as e equipo técnico impresionantes, polo seu esforzo, a súa implicación e o seu traballo diario. 

GRAZAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario